Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta adxudica 91 prazas fixas de difícil cobertura a médicos interinos

A Xunta adxudica 91 prazas fixas de difícil cobertura a médicos interinos

O Goberno galego reforza así a través dun concurso de méritos a atención primaria

G24.gal 29/09/2022 20:40 Última actualización 29/09/2022 21:00

Galicia vai contar dende hoxe con preto de 100 novos médicos con praza fixa en atención primaria. 

Son prazas en centros de saúde de difícil cobertura ás que os facultativos accederon mediante un concurso de méritos.

O conselleiro de Sanidade destacou que esta é unha medida pioneira en España que demostra o compromiso do Goberno galego coa atención primaria. 

É a tendencia á que apunta tamén a lexislación estatal e a Consellería de Sanidade conseguiu en tan só 5 meses pechar o primeiro proceso para médicos de familia interinos que poden acadar agora maior estabilidade no emprego. 

É unha das decisións xa anticipadas pola consellería para reforzar a Atención Primaria que sofre dende hai tempo a escaseza de profesionais.

Son prazas en hospitais comarcais e nos centros de saúde máis illados ou con máis necesidades organizativas. 

Estes profesionais realizarán no seu conxunto, máis de 2.500 gardas o ano nos puntos de atención continuada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade