Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta activará as novas axudas para facilitar o acceso á vivenda en xaneiro

A Xunta activará as novas axudas para facilitar o acceso á vivenda en xaneiro

O director xeral do IGVS asegura que ultiman as convocatorias para persoas maiores, mozas e con discapacidade

Heriberto García sitúa no 2023 as obras das 1.000 vivendas de promoción pública destinadas ao alugueiro

G24.gal 04/12/2022 10:17 Última actualización 04/12/2022 11:17

O director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García, avanza na Radio Galega que no primeiro trimestre de 2023 "estarán vixentes" as novas axudas da Xunta para o fomento do alugueiro entre persoas maiores e con discapacidade e para o cohousing, así como os avais públicos para facilitar a emancipación dos máis novos.

En concreto, a Xunta promoverá un aval do 20 % para que menores de 36 anos poidan acceder á súa primeira vivenda. Segundo explicou García, ultiman o deseño das convocatorias para que se publiquen a primeiros de ano. 

"Estarán vixentes no primeiro trimestre do vindeiro ano 2023. Temos preparadas as convocatorias para esas dúas modalidades de promoción de vivenda destinada ao alugueiro tanto para persoas maiores ou con discapacidade ou para vivendas de aloxamento temporal ou cohousing. Saíran as convocatorias no mes de xaneiro". 

O director xeral do IGVS confirma tamén que no 2023 deberán estar iniciadas ou en execución as obras das mil vivendas de promoción pública da Xunta destinadas ao alugueiro. A idea -explicou- é que en 2026 xa haxa algunhas adxudicadas.

Heriberto García tamén lembra que se mobilizarán con ese mesmo obxectivo outros 200 inmobles que serán rehabilitados. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade