Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta activa o nivel 1 de alerta por altas temperaturas: Leiro supera os 41 graos

A Xunta activa o nivel 1 de alerta por altas temperaturas: Leiro supera os 41 graos

Por primeira vez este ano, os termómetros subiron dos 40 graos: en Ourense, 40,7

Durante as próximas xornadas, as temperaturas superarán os 34 e os 36 graos centígrados en boa parte do territorio galego

Galicia vive outra xornada de altas temperaturas tras rozar na véspera os 39 graos en varios puntos de Ourense

Decenas de persoas na praia de Samil/Adrián Irago / Europa Press Decenas de persoas na praia de Samil/Adrián Irago / Europa Press
G24.gal 17/06/2025 17:43

A Xunta de Galicia informou da activación do nivel 1 de alerta por altas temperaturas ante os episodios de calor que viviranse na maior parte do territorio galego ata o vindeiro venres día 20 de xuño.

Por primeira vez este ano, os termómetros subiron dos 40 graos, nalgunhas zonas da conca do Miño. en Leiro, por exemplo, chegaron a 41,2 graos. Moi preto quedou o valor rexistrado na cidade de Ourense, con 40,7 graos este martes.

Na lista das localidades máis calorosas da xornada figuran tamén lugares como Arbo, onde chegaron os 39 graos, Verín, con 38, ou Boqueixón con 37. Nalgunhas zonas das Rías Baixas chegaron os 36.

O Executivo autonómico detalla que a comunidade está baixo a influencia das altas presións atmosféricas que permanecerán estes días estacionarias ao norte da península Ibérica debido á aproximación dunha masa de aire moi cálido procedente do norte de África.

Todo iso redundará nun importante aumento das temperaturas que xa comezou a rexistrarse este martes e que, durante as próximas xornadas, levará a superar os 34 e os 36 graos centígrados en boa parte do territorio galego; con máximas próximas a corenta graos en determinados puntos das provincias de Ourense e de Pontevedra.

O Goberno galego convida a adoptar precaucións, como a inxesta dunha maior cantidade de líquidos, evitar comidas copiosas, vestir roupa fresca e folgada e non practicar actividades ao aire libre en horas de moita calor.

A Xunta fai fincapé en que estes fenómenos meteorolóxicos extremos non afectan por igual a toda a poboación e pide especial coidado aos colectivos de maiores de 65 anos, nenos pequenos e persoas con patoloxías crónicas ou con sobrepeso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade