Os xeados son a opción que elixen moitas persoas para refrescarse
Son cada vez máis saborosos e naturais, o que permite innovar cada vez máis en canto aos sabores
Os xeados son unha das opcións máis socorridas para afrontar a calor. É o que conclúen varias persoas que degustan este doce. A copropietaria dunha xeadería, Antía Lence, comenta que lles gustan "os sabores puros e a xente tira polos clásicos, pero hai sobre 28 variedades distintas".
Hainos de moitos sabores, tamén para persoas con intolerancias. Comenta unha nai que "é de agradecer" que os haxa "sen ovos, sen leite e sen edulcorantes artificiais". Outra persoa asegura que probou un xeado "de aceite de oliva".
A responsable dun establecemento de xeados adianta que "agora que empeza a temporada de froitas de verán faranos de albaricoque", entre outros.
Unha forma de refrescarse que custa arredor dos tres euros.