Publicador de contidos
Publicador de contidos

A vitoria en Vallecas volve abrir as esperanzas de ascenso para o Deportivo Abanca

A vitoria en Vallecas volve abrir as esperanzas de ascenso para o Deportivo Abanca

As coruñesas refixéronse despois da derrota da semana pasada e acadaron un claro triunfo (0-3)

G24.gal 30/04/2023 12:46

O Deportivo Abanca volve abrir as esperanzas de ascenso despois do triunfo no campo do Raio Vallecano (0-3). Ese resultado, unido ao empate do Éibar fai que as coruñesas estén empatadas no posto de ascenso, aínda que con peor diferenza de goles. 

O tanto marcado por Paula Gutiérrez nada máis principiar o partido deulle moita tranquilidade ás de Irene Ferreras. O Raio tivo moi bos minutos ata o trinta do primeiro tempo pero non conseguiu culminar ningunha das súas oportunidades. 

Co paso do partido o Deportivo Abanca foi controlando a situación, con moita seguridade en defensa e algunha contra. Nunha xogada rápida Millene marcou o segundo e deixou resolto o partido. Nunha xogada a balón parado a central Inés Altamira fixo o terceiro. 

A dúas xornadas para o final a clasificación da segunda categoría do fútbol español non pode estar máis apertada na loita polo posto de ascenso directo á elite. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade