Publicador de contidos

Publicador de contidos

A vexetación que arrastran os ríos agrava o risco de enchentes

A vexetación que arrastran os ríos agrava o risco de enchentes

Pólas e troncos arrincados polos temporais taponan o paso da auga

O impacto da madeira nas pontes aumenta o risco de colapso

Preocupación polo nivel dos ríos en Ourense

G24.gal 05/02/2026 14:26 Última actualización 05/02/2026 15:10

A forza da auga e do vento arrastra cara aos ríos un perigo engadido, a madeira. As pólas bloquean o paso da auga aumentando o risco de desbordamentos.

Nos momentos en que o temporal o permite, os operarios dos concellos afánanse en retirar a vexetación de puntos máis sensibles, coma a zona inundable do Lamego, en Rois.

Amais, o impacto continuado dos troncos sobre os piares das pontes poden facelos colapsar. Iso foi o que sucedeu o luns en Vidaloíso, no concello de Brión.

Riscos que obrigan a sinalizar e pechar o paso nalgunhas zonas de ribeira, polo menos ata que baixen os caudais e se poida entrar a limpar os restos vexetais deste longo tren de borrascas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade