Publicador de contidos

Publicador de contidos

Once feridos e 400 desaloxados polas choivas torrenciais en Tarragona

Once feridos e 400 desaloxados polas choivas torrenciais en Tarragona

A policía local encargouse deste operativo, e os desaloxados foron trasladados a unha escola do municipio

O número de feridos elevouse a once, un deles en estado crítico e outro grave

G24.gal 22/08/2026 12:45

Arredor de 400 persoas foron desaloxadas dunha discoteca e dun cámping (300 do cámping e outras 100 que se atopaban nunha discoteca no Vendrell), en Tarragona, durante a madrugada deste sábado por mor das choivas torrenciais.

​​​​​O número de feridos elevouse a once, un deles en estado crítico e outro grave, segundo explicou o responsable do sistema loxístico de Protección Civil en Cataluña, Xavier Masramon, en declaracións a 3Cat.

A caída dun muro no porto de Roda de Berà afectou a tres deles, deixando a unha persoa en estado crítico e a outra en estado grave, mentres o derrubamento doutro muro nun cámping na mesma localidade provocou dous feridos leves.

A policía local encargouse deste operativo, e os desaloxados foron trasladados a unha escola do municipio.

De feito, o Vendrell foi o municipio con máis chamadas ao 112 polas choivas torrenciais nas últimas horas, cun total de 205 ata as 9 deste sábado.

En declaracións a 3Cat, o alcalde do Vendrell, Kenneth Martínez, explicou que os servizos de emerxencias rescataron a varias persoas atrapadas nos seus coches polas inundacións.

As choivas tamén fixeron estragos nas praias e nas árbores do municipio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade