Publicador de contidos

Publicador de contidos

A venda de vehículos de segunda man en Galicia medrou un 4,7 % en 2021

A venda de vehículos de segunda man en Galicia medrou un 4,7 % en 2021

Por provincias, onde medraron máis as vendas de vehículos de ocasión foi en Lugo, que tivo un aumento do 6,78 % respecto de 2020

G24.gal 10/01/2022 12:41

En Galicia vendéronse o ano pasado 121.380 automóbiles de segunda man, segundo a Asociación Nacional de Comerciantes de vehílculos (Ancove), o que supón un incremento do 4,7 % respecto do ano 2020. O galego é o segundo menor aumento no mercado de ocasión, só por detrás de Cataluñ, que tivo o 3,2 %.

A media de coches de segunda man vendidos no conxunto de España aumentou ata o 9 % respecto do 2020.

O crecemento do mercado de ocasión contrasta coa forte baixada que se produciron nas matriculacións de vehículos o ano pasado. En 2021, as matriculacións baixaron en Galicia un 17,4 %.

Por provincias, onde medraron máis as vendas de vehículos de ocasión foi en Lugo, que tivo un aumento do 6,78 % respecto de 2020; séguena Ourense, cunha suba do 6,4 %; Pontevedra, cun 4,38 %, e A Coruña, cun crecemento do 3,9 %.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade