Cargando resultados...
A venda de coches en Galicia baixou un 35% en outubro
As matriculacións de coches baixan a niveis da última crise

G24.gal
03/11/2021 08:14
As matriculacións de coches baixan a niveis da última crise. Á falta de circuítos integrados semicondutores que obriga a parar as principais factorías súmaselle un mercado que non despega.
En Galicia, en outubro vendéronse 1.833 vehículos; iso supón practicamente o 35 % menos que hai un ano. No acumulado do 2021, a caída redúcese a máis da metade: un 13 % e 20.411 coches matriculados. Son datos da Asociación Nacional de Comerciantes de Vehículos.