Publicador de contidos

Publicador de contidos

A veda do polbo a partir do venres incrementa o seu prezo en lonxa e nos mercados

A veda do polbo a partir do venres incrementa o seu prezo en lonxa e nos mercados

As nasas quedarán en porto desde o venres ata o tres de xullo, data en que se levantará a veda

G24.gal 16/05/2023 14:22 Última actualización 16/05/2023 14:47

Son das últimas capturas que se venden no mercado de Santiago. Non hai moito polbo e o que chega, para os clientes, está caro. 

"Dezasete euros hoxe. De quilo e medio, quilo oitocentos". "Doce o de quilo. E hoxe o de quilo catrocentos vai a dezaseis e é o último que queda", din os vendedores.

Aseguran que "se está vendendo bastante ben. Queda un e non está barato pero vaia" e outros din que "véndese pero parécelles caro e case prefiren ir comelo á feira".

Os vendedores viñan avisando hai tempo e os clientes sábeno "está en veda a partir desta semana. E logo o que merquemos, ou conxelado ou non vai ser de aquí".

E por iso encontramos particulares e hostaleiros previsores. "Caro, está moi caro. Eu xa o teño collido e conxelado", di unha clienta.

"Vimos avisando desde hai dúas semanas que ía pechar e a xente comprou moito. Hai moitos que viñeron e agora xa non vai haber máis", engade un vendedor.

As nasas quedarán en porto desde o venres ata o tres de xullo, data en que se levantará a veda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade