A vacinación da cuarta dose comeza o 26 de setembro para maiores de 80
Ese mes chegarán 10 millóns de unidades das vacinas adaptadas á variante ómicron
O 17 de outubro comezará a campaña de vacinación da gripe

A campaña de vacinación da cuarta dose anticovid para maiores de 80 anos e en residencias comezará o próximo 26 de setembro.
A Comisión de Saúde Pública tamén fixou o 17 de outubro como data de comezo para a vacina da gripe.
O Ministerio de Sanidade anunciou ademais que este venres se recibirá a primeira quenda de doses de vacinas adaptadas á variante ómicrom que se distribuirán a próxima semana a todas as comunidades e cidades autónomas.
Segundo os cálculos de Sanidade, espérase que cheguen ao longo deste mes de setembro 10 millóns de unidades destas vacinas adaptadas á nova variante dos fabricantes Pfizer e Moderna.
A estas dúas marcas podería incorporarse pronto tamén a de Hipra, que agarda a autorización definitiva da Axencia Europea do Medicamento (EMA) como paso previo indispensable para poder comercializarse.
En España, a segunda dose de reforzo está xa recomendada para maiores de 60 anos, vulnerables e persoal sanitario, aínda que se comezará polos internos das residencias e os que teñen máis de 80 anos.