Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta inicia un proxecto piloto para eliminar o aluminio na auga das traídas

A Xunta inicia un proxecto piloto para eliminar o aluminio na auga das traídas

Refírese ás augas de consumo humano nos sistemas de abastecemento autónomo, como traídas veciñais

En Galicia, máis de 650.000 persoas usan a auga deste tipo de traídas

G24.gal 08/12/2022 12:12

A Consellería de Infraestruturas, a través de Augas de Galicia, impulsa un proxecto piloto para o estudo da eliminación do aluminio nas augas de consumo humano nos sistemas de abastecemento autónomo, como traídas veciñais, que en Galicia usan máis de 650.000 persoas.

Os traballos foron adxudicados á empresa Indrops Laboratorio de Análise e Calidade Ambiental S.L. por importe de 18.000 euros e forman parte da iniciativa da Xunta nas localidades pontevedresas de Oia, Baleira, Oímbra, Mondariz, San Xoán de Río e Cerdedo-Cotobade para a elaboración e implantación de plans de abastecemento autónomo.

No proxecto analizaranse as posibilidades técnicas para a retirada de aluminio das augas de abastecemento, coa posta en marcha dunha planta experimental en Oia para a eliminación este metal nunha traída seleccionada, así como o análise da auga de distintos pozos de barrena localizados na contorna dos puntos de captación.

As principais conclusións deste estudo, segundo informa a Xunta nunha nota de prensa, incorporaranse á elaboración de plans de abastecemento autónomo, iniciados no verán do ano pasado, para que os concellos seleccionados teñan información sobre o nivel de garantía do abastecemento de auga potable á poboación, máis aló das súas redes municipais.

A iniciativa forma parte do traballo da Xunta para a promoción da implantación de plans municipais de abastecemento autónomo entre os concellos galegos de menos de 5.000 habitantes, que conta cun investimento autonómico de 900.000 euros. EFE

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade