Publicador de contidos
Publicador de contidos

A UE pacta as cotas para 2024 cun incremento para España de capturas de pescada

A UE pacta as cotas para 2024 cun incremento para España de capturas de pescada

A frota española poderá pescar un 10,5 % máis de pescada, o que supón "a cifra máis importante do século", segundo o ministro Luis Planas

G24.gal 12/12/2023 12:28 Última actualización 12/12/2023 20:12

Os ministros de Pesca da Unión Europea alcanzaron este martes un acordo para a repartición da pesca no Atlántico e o Mar do Norte para 2024 -tamén para 2025 e 2026 no caso dalgunhas poboacións-, e para as posibilidades de pesca no Mediterráneo e o Mar Negro para 2024, un pacto que inclúe un aumento do 10,5 % das capturas de pescada para España, ata 11.000 toneladas, o que supón "a cifra máis importante do século".

Así o destacou o ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, a través do seu perfil na rede social X, antes Twitter, que celebrou o "moi bo resultado para España" deste pacto, que saíu adiante co voto en contra de Italia e a abstención de Grecia.  

No caso de España, que nesta ocasión exerce o seu papel de presidencia do Consello, as prioridades no Atlántico eran o incremento da pescada sur, o peixe sapo ou o galo, así como o mantemento das cotas de abadexo, linguado e lagostino.  

9 especies terán un plan plurianual, dúas delas ata 2026. Neste grupo está o abadexo, unha das preocupacións do sector galego. Aumenta a capacidade de pesca para a pescada sur, e o xurelo ou a anguía quedan como este ano. E hai un incremento importante das especies que pescan no Gran Sol.

Fontes do sector sinalaron a Europa Press que o que complicou o acordo na mañá deste martes, após unha noite de negociacións, foron as reclamacións de Francia e Italia en relación co esforzo no Mediterráneo, que España buscaba tamén "amortecer".

Mentres que a Comisión se mantiña "inflexible" na súa proposta de reducir os días de pesca nun 9, 5%, ambos os países tentaron mitigar ese recorte cun aumento dos días de compensación, que finalmente se fixou nun 5 % se se cumpren dúas das condicións -selectividade, portas voadoras, peche de zonas- e do 6 % se se cumpren tres dos requisitos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade