Publicador de contidos

Publicador de contidos

A TVG lidera a información en xaneiro e bate récords de crecemento dixital

A TVG lidera a información en xaneiro e bate récords de crecemento dixital

A TVG foi a canle líder en informativos e tamén na franxa da mañá e da tarde.  Pecha xaneiro cunha audiencia media do 9,5 %, segundo Kantar Media

Os servizos informativos dixitais de G24 aumentaron as reproducións dos seus contidos un 500 % en 2024

A CRTVG inicia o seu 40 aniversario en expansión e co maior alcance da súa historia

G24.gal 01/02/2025 11:17

A Televisión de Galicia (TVG) consolídase como referente informativo e de entretemento liderando en informativos e nas franxas da mañá e da tarde no mes de xaneiro. Segundo os datos de Kantar Media, a canle pechou xaneiro cunha cota de pantalla do 9,5 %, alcanzando unha media do 10,7 % polas mañás e do 10,1 % polas tardes.

Os servizos informativos da TVG seguen sendo a opción preferida da audiencia, chegando a 1.422.000 galegos de máis de 4 anos.

No ámbito dixital, o Telexornal Mediodía é tamén o informativo máis visto na plataforma AGalega.gal.

Por días da semana, destacan os venres, cunha cota do 10,9 %, os mércores, cun 10,2 %, e tamén o prime time do sábado, no que a TVG foi líder nesta disputada franxa.

www.g24.gal crece un 500 % en 2024

A aposta dixital da CRTVG tradúcese nun crecemento récord dos servizos informativos de G24 en redes sociais. Durante 2024, as contas en Facebook, Instagram e TikTok rexistraron un aumento do 512 % en interaccións con respecto ao ano anterior, acadando os 9,1 millóns. As reproducións de contidos superaron os 354 millóns (un 501 % máis), mentres que as impresións chegaron aos 240 millóns (un 80 %) máis. 

 www.agalega.gal , www.agalegaaudio.gal e www.xabarin.gal e as redes sociais

Pero é que, tamén no entretemento, o 2024 foi un ano de récord no eido dixital. As contas propias de Televisión de Galicia cos agregados de Facebook, Instagram, Youtube e TikTok recadaron 130 millóns de impresións, un 67 % máis ca en 2023, 150 millóns de reproducións (un 121,4 % máis) e 3,2 millóns de interaccións (un 82 % máis).Ademais, as plataformas dixitais www.agalega.gal , www.agalegaaudio.gal e www.xabarin.gal      lograron, no seu primeiro ano de vida, preto de dous millóns de usuarios e máis de 11 millóns de páxinas vistas en máis de 200 países, converténdose na maior oferta audiovisual en galego do mundo.

Estas cifras consolidan a Corporación como un servizo público en plena expansión, e que chega ao inicio do seu 40 aniversario no momento de maior alcance da historia desde a súa creación en 1985.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade