Publicador de contidos
Publicador de contidos

A tope de reservas de cara á celebración do FIV esta fin de semana

A tope de reservas de cara á celebración do FIV esta fin de semana

Xa hai que os abonos se esgotaron e só quedan entradas para algún dos concertos soltos

A cita é o 26 e 27 deste mes na capital chairega cun cartel con artistas coñecidos coma Iván Ferreiro ou Dorian e novos valores coma 21 ou Nena Polaca

G24.gal 24/04/2024 14:48

Aínda falta para o verán, pero Vilalba adiántase á época de festivais e prepárase para recibir un aluvión de visitantes esta fin de semana coa sétima edición do FIV, o seu Festival de Música Indi. Xa hai que os abonos se esgotaron e só quedan entradas para algún dos concertos soltos. O festival de Vilalba medra ano tras ano e xa é un importante estímulo para a economía local.

Hoteis e restaurantes de Vilalba téñeno case todo reservado para esta fin de semana.  Abel Orosa, do restaurante Lanzós di que o evento sempre é un éxito para a hostalería. Teñen todo reservado. Manuel Orosa, do hotel Vila do Alba conta que o festival ten moita aceptación. O ano pasado viñeron sobre 4.000 visitantes e iso é moito para unha vila do tamaño de esta. 

Un festival que non para de coller sona e medrar cada edición cun público moi leal. Tamara Rodríguez, concelleira de Cultura de Vilalba di que hai moita xente que repite tódolos anos e que este festival de música Indi ten un público moi fiel. 

A cita é o 26 e 27 deste mes na capital chairega cun cartel con artistas coñecidos coma Iván Ferreiro ou Dorian e novos valores coma 21 ou Nena Polaca. Durante toda a xornada do sábado, ademais, haberá actividades gratuítas para todas as idades.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade