Cargando resultados...
A suba das taxas de xuro asfixia os hipotecados
A política antinflacionista do BCE eleva o euríbor e castiga 5 millóns de familias
As cotas das hipotecas variables subiron de media 268 euros no último ano
Antón Montero
06/05/2023 15:30
Última actualización 05/05/2023 19:53
O Banco Central Europeo volveu subir as taxas de xuro na zona euro. Foi a sétima suba consecutiva: cada unha delas foi unha mala nova para os cinco millóns de familias españolas con hipotecas variables.
No último ano, as súas cotas encareceronse de media case 270 euros. Son as vítimas colaterais dunha política monetaria necesaria para combater a inflación.