Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Semana Santa xerará en Galicia máis de 4.000 empregos

A Semana Santa xerará en Galicia máis de 4.000 empregos

Son máis do dobre ca o ano pasado, pero aínda lonxe das cifras previas á pandemia

G24.gal 01/04/2022 14:37

En Galicia, a recuperación do turismo creará arredor de 4.000 empregos, máis do dobre ca o ano pasado. Será a primeira Semana Santa en dous anos sen peches perimetrais e sen limitacións de ocupación.

Xeraranse máis do dobre de contratos respecto ao ano pasado, pero aínda lonxe dos 6.500 de antes da pandemia.  A maior parte deles nas provincias da Coruña e Pontevedra. As Rías Baixas e as zonas con especiais atractivos coma a Semana Santa de Ferrol levan boa parte da contratación.

Con todo, din os hostaleiros, hai dificultades para atopar profesionais. As expectativas de ocupación son boas e xa hai moitos hoteis que colgan o cartel de completo. 

As celebracións de Ferrol e Viveiro, declaradas de Interese Turístico Internacional, e o Xacobeo 21-22 converten Galicia nun dos referentes desta Semana Santa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade