A semana decisiva para o Obradoiro comeza en Fuenlabrada
Comeza unha serie de tres partidos contra rivais directos para evitar o descenso
O Breogán tamén xoga o sábado diante do Lenovo Tenerife outro partido para seguir soñando co play off
Tres partidos, tres rivais directos, pero un único pensamento, o de comezar gañando o sábado diante do Fuenlabrada, un equipo que ten nove triunfos, os mesmos que o Obradoiro.
Unha pista que Edgar Vicedo coñece ben. Xogou no Fuenlabrada un mes, esta mesma temporada. Vitoria e basketaverage poden ser decisivos. No Sar gañara o Obradoiro por doce puntos.
E o Rio Breogán vai a Tenerife. Coa baixa definitiva de Mahalbasic, con febre toda a semana. Recuperado Jordan Sakho. O Rio Breogán mídese a un equipo que xogará polo título. Dezaseis vitorias leva o Tenerife. Ven de derrotar o Real Madrid.