Publicador de contidos

Publicador de contidos

A selección española golea 3-0 a Costa Rica con Tere Abelleira no once titular

A selección española golea 3-0 a Costa Rica con Tere Abelleira no once titular

Marcaron Esther González, Aitana Bonmatí e o gol en propia porta de Valeria Do Campo

G24.gal 21/07/2023 11:50 Última actualización 21/07/2023 11:55

España bateu a Costa Rica no debut de ambas as seleccións no Mundial de Australia e Nova Zelandia (3-0) celebrado no Estadio de Welllington, grazas aos goles de Esther González, Aitana Bonmatí e o tanto en propia porta de Valeria Do Campo.

O monólogo futbolístico do equipo dirixido por Jorge Vilda serviu para presentar a candidatura mundialista dunha Selección sen teito ante a que Costa Rica só puido defenderse. A galega Tere Abelleira foi titular e clave na goleada

A Vermella xogou sen Alexia Putellas, a actual balón de ouro, que saíu na segunda parte e tranquilizou a afección.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade