Publicador de contidos

Publicador de contidos

A de Texas é a segunda peor matanza nunha escola estadounidense

A de Texas é a segunda peor matanza nunha escola estadounidense

Máis de 200 mortos en ataques a centros educativos desde os anos 70

Reábrese o debate sobre o control de armas

Antón Montero 25/05/2022 19:57 Última actualización 25/05/2022 20:11

A sinistra combinación de aulas e armas comezou tamén en Texas hai máis de 50 anos. O exmarine Charles Whitman entrou na universidade do Estado, fíxose forte nunha torre e matou 17 persoas, entre estudantes e viandantes.

Pero a imaxe moderna do terror escolar é a e Eric Harris e Dylan Klebold, entrando na secundaria de Columbine, antes de abater 12 alumnos e un profesor e suicidáranse. Eran finais dos 90. Os seus vídeos anticiparon a moda da autopromoción do asasino.

En 2012, o horror superou todos os rexistros: tras matar a súa nai, Adam Lanza, entraba na escola elemental de Sandy Hook e asasinaba 26 persoas, a maioría nenos de 6 anos.

É a maior matanza nun centro educativo nos Estados Unidos, seguida da deste martes e da do dia de San Valentín de 2018 no instituto de Parkland, A Florida. O exalumno Nikolas Cruz, asaltou o centro con bombas de fume antes de acabar coa vida de 17 adolescentes.

A matanza de Parkland espertou a ira de centos de milleiros de estudantes e marcou o nacemento da Marcha polas Nosas Vidas, un movemento xuvenil reclamando leis que dificulten o acceso ás armas no país.

Pero a súa voz segue sen ter eco: o partido republicano e a poderosa asociación nacional do rifle seguen bloqueando todo intento de lexislar nese sentido.

O pasado setembro, o gobernador de Texas aprobaba sete leis para eliminar as poucas restricións vixentes e facer do seu estado, dixo, un bastión da liberdade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade