Publicador de contidos
Publicador de contidos

A seda, dende o verme ata o tear

A seda, dende o verme ata o tear

O Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo de Ourense amosou a través dun obradoiro o proceso de obtención deste tecido, un dos máis luxosos

Un material orixinario da China que tamén se produciu en Galicia, na zona de Monforte

Casulos dos que se extrae a seda
G24.gal 04/06/2024 20:57 Última actualización 04/06/2024 21:58

Nacen entre marzo e abril, e durante un mes aliméntanse vorazmente de follas de moreiras. Neste tempo os vermes da seda chegan a aumentar 30 veces o seu tamaño.

É entón cando buscan un sitio para facer o casulo onde levarán a cabo a metamorfose a bolboreta.

Fano cun só fío, que pode chegar a medir ata quilómetro e medio.

Para extraer a seda cómpre meter os casulos en auga quente, a uns 90 graos, cun pouco de xabrón, o cal facilita que os filamentos se vaian soltando.

Xúntanse varios para que o fío sexa máis forte. Tras pasar polo tear, o resultado é un tecido suave e con brillo.

Alumnos do Centro de Cultura Popular Xaquín Lourenzo de Ourense achegáronse, por segundo ano, ao proceso de obtención da seda a partir de vermes que eles mesmos coidaron. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar