A seca atrasa a colleita de grelos
Falan ademais dun factor humano que inflúe na paulatina mingua da produción: a falta de remuda xeracional no sector
Francisco, un produtor de grelo de Monfero, conta que este ano atrasou a sementeira ata o 6 de setembro porque a terra estaba moi seca e non se prestaba antes. Nalgunha leira mesmo o fixo a finais de setembro. Así o corrobora tamén Xosé Manuel González da CLUN Val do Xestoso.
Explica a continuación que agora o resultado da colleita depende da meteoroloxía, porque o grelo precisa frío pero tampouco excesivo, calor pero non moita, para evitar os fungos, e chuvia, pero sen que as leiras encharquen porque morre.
Falan ademais dun factor humano que inflúe na paulatina mingua da produción: a falta de remuda xeracional no sector.
Noutros lugares de Galicia xa hai nabiza, pero en Monfero dedícanse exclusivamente ao grelo, polo que haberá que agardar a xaneiro para degustalo.