Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha vintena de produtores participan na feira de exaltación do grelo de Abadín

Unha vintena de produtores participan na feira de exaltación do grelo de Abadín

Destaca por ser suave e pouco acedo, o que se atribúe á altitude na que se atopa o concello abadense

O grelo de Abadín está amparado pola Indicación Xeográfica Protexida (IXP)

G24.gal 21/02/2026 14:57

Todo é verde hoxe en Abadín. O Concello lucense acolle a feira de exaltación do grelo, un produto que destaca pola súa calidade. Manifesta Begoña Gaute, da organización da feira, que no seu cultivo inflúe "a altitude e o clima, xunto co mimo dos produtores" da localidade. 

Na mostra participan unha vintena de produtores, que achegan en total case dous mil quilos de grelo. Manifesta unha produtora que "é moi suave e moi bon".

O grelo de Abadín está amparado pola Indicación Xeográfica Protexida, e é moi apreciado na cociña e resulta idóneo coa carne de porco. 

Xa van vinte anos de feira e no futuro cóntase que haxa relevo para moitos máis.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade