A seca pode obrigar a comezar cos cortes de subministración na área de Santiago
Na demarcación Miño-Sil os encoros están ao 48 % da súa capacidade
Esta semana Augas de Galicia ten xuntanzas coas zonas máis prexudicadas na demarcación Galicia Costa

As reservas de auga en Santiago e arredores están en mínimos. O concello da capital de Galicia enviou hoxe a Augas de Galicia o plan de emerxencia que recolle cortes na subministración en caso de que non chova. No lindeiro concello de Ames advirten de que, de seguir así, haberá cortes puntuais polas noites.
A coordinación entre concellos veciños é fundamental e Augas de Galicia supervisará os plans de seca que os núcleos de poboación de máis de 20.000 habitantes están obrigados a ter por lei.
Os de menos habitantes que non o teñan, porque hai algúns que contan con el, deseñarán o plan guiados pola Xunta para evitar cortes na subministración, aínda que como siga sen chover terán que aplicarse este tipo de restricións tarde ou cedo, e máis vendo como ríos coma o Tambre, que subministra a área de Santiago, van cada vez van máis baixos.
Os encoros galegos seguen perdendo auga e xa están ao 51 % da súa capacidade de media
Os encoros galegos seguen perdendo auga e xa están ao 51 % da súa capacidade de media, tras baixar o seu nivel en 29 hectómetros cúbicos ata un total de 1.892, o que supón un 15 % menos que a media dos últimos dez anos.
Segundo os datos publicados este martes polo Ministerio de Transición Ecolóxica, os encoros da conca do Miño Sil están ao 58,8 por cento, con 1.493 hectómetros cúbicos de auga almacenada, 18 menos que a semana pasada.
Na conca de Galicia Costa, pola súa banda, hai embalsados 402 hectómetros cúbicos de auga, o que supón o 49,3 por cento da súa capacidade total e 8 menos que hai unha semana.