Publicador de contidos

Publicador de contidos

A seca e a calor fan perder o 40 % do millo forraxeiro no centro de Galicia

A seca e a calor fan perder o 40 % do millo forraxeiro no centro de Galicia

Lemos, Chantada e Deza son as comarcas leiteiras máis afectadas

Agárdase unha caída da produción de leite a partir do outono

G24.gal 16/08/2022 20:44

O 40 % do millo forraxeiro vaise perder en comarcas leiteiras como Lemos, Chantada ou o Deza por causa da seca e os golpes de calor. As chuvias destes días xa non serven para revitalizar os milleiros de plantas que secaron. As leiras máis afectadas son as que se sementaron máis tarde e colleron a seca de cheo. Para os gandeiros vai supoñer un incremento do gasto en forraxes e unha caída da produción de leite.

Esta colleita de millo era a máis importante da historia ante o problema de acceso a concentrados e cereais derivados da invasión de Ucraína. Agora pódese pasar dunha media de 40 toneladas de millo por hectárea a só 25. Un problema que afecta a viabilidade económica das explotacións pero que pode acabar repercutindo nos consumidores pola falta de leite no mercado en outono e inverno.

Nas comarcas leiteiras da costa agárdase unha boa colleita de millo pero insuficiente para abastecer as necesidades de todas as explotacións galegas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade