Publicador de contidos

Publicador de contidos

A sarabia provoca a saída de vía dun camión e de varios vehículos na autoestrada en Portas

A sarabia provoca a saída de vía dun camión e de varios vehículos na autoestrada en Portas

O sinistro non deixou feridos, pero pídese aos condutores que pasen pola zona que extremen as precaucións

G24.gal 27/01/2026 16:49 Última actualización 27/01/2026 18:05

Unha forte sarabiada provocou que un camión e tres vehículos sufrisen unha saída de vía na AP-9 ao seu paso polo concello pontevedrés de Portas.

Segundo fontes da Garda Civil, os feitos producíronse sobre as 15:30 horas deste martes no punto quilométrico 114 da devandita vía.

A estrada non está cortada, pero piden aos condutores extremar as precaucións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade