Publicador de contidos

Publicador de contidos

A rotura dunha tubaxe da rede de saneamento anega garaxes no Carballiño

A rotura dunha tubaxe da rede de saneamento anega garaxes no Carballiño

Xa que hai varios coches afectados e tamén unha caldeira

G24.gal 02/05/2022 13:08

Os bombeiros traballan para achicar a auga en varios garaxes anegados trala rotura dunha tubaxe da rede de abastecemento a primeira hora da mañá no Carballiño.

A tubaxe rebentou pouco antes das oito da mañá e foi preciso cortar ao tráfico a rúa Calvo Sotelo, unhas das principais vías de comunicación. Están anegados os garaxes de dous edificios desta rúa e os doutros tres edificios mais da rúa lindeira. Xa que hai varios coches afectados e tamén unha caldeira.

As roturas de tubaxes nesa zona do Carballiño son habituais pola antigüidade da rede.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade