A raíña Letizia inaugura en Inglaterra a Spanish Gallery, cunha ducia de Zurbaráns nunca expostos ao público
A raíña Letizia inaugura en Inglaterra a Spanish Gallery, cunha ducia de Zurbaráns nunca expostos ao público
O museo expón tamén obras de Velázquez, El Greco, Berruguete e Murillo

Bishop Auckland é unha pequena vila do norte de Inglaterra, nos arredores do castelo de Aukland, cunha peculiaridade notoria desde hai dez anos: é o lugar no que desde agora, coa inauguración da Spanish Gallery, se pode ver unha ducia de pinturas do español Francisco de Zurbarán, en mans particulares e non expostas ao público ata hai pouco.
A raíña Letizia acompañada do príncipe Carlos inauguraron a galería no interior do castelo e puideron admirar a serie de Zurbarán, Jacob e as doce tribos de Israel, pezas que levaban séculos no castelo cando a Igrexia de Inglaterra intentou vendelas ás agachadas nun baleiro de poder a unha casa de poxas. As protestas dos veciños e a constitución dunha asociación de salvagarda impedírono.
O museo expón tamén obras de Velázquez, El Greco, Berruguete e Murillo. E todo, grazas a un banqueiro multimillonario namorado do barroco español, Jonathan Ruffer, que mercou a serie de Zurbarán enteira por 18 millóns de euros e máis tarde, o propio castelo onde creou a galería.
A pandemia retrasou a inaugración á que lamentablemente, Ruffer non puido asistir ao caer enfermo de covid xusto estes días. Si asistiu a súa muller, Jane, que fixo as honras xunto o director da Galería Nacional de Londres.
Bishop Auckland converteuse así nun reduto de cultura española. Mesmo, Ruffer encargoulle ao pintor José María Cano, excompoñente do grupo Mecano, os retratos dos catro evanxelistas dos que el mesmo, presente no acto, lle mostrou fotografías á raíña Letizia.
Carlos de Inglaterra e a raíña española descubriron unha placa conmemorativa da inauguración deste recinto consagrado á arte española.