Publicador de contidos

Publicador de contidos

A raia estrea un servizo compartido de alugueiro de bicicletas eléctricas

A raia estrea un servizo compartido de alugueiro de bicicletas eléctricas

O uso é gratuíto para veciñanza e visitantes

G24.gal 06/07/2022 14:14

Presentouse un servizo de alugueiro de bicicletas eléctricas dispoñible na fronteira entre Portugal e a provincia de Pontevedra. 

Os puntos de recollida e devolución das bicicletas están situados nas eurocidades Salvaterra-Monção, Tomiño-Cerveira e Tui-Valença. O servizo é gratuíto tanto para a veciñanza como para os visitantes e, ademais de fomentar a mobilidade verde, o seu obxectivo é dar a coñecer os numerosos quilómetros de ciclovías existentes nesta zona transfronteiriza. 

O aparcadoiro situado a carón da estación de tren de Valença do Minho é un dos numerosos puntos de acceso aos vehículos que están repartidos polas cidades da raia pontevedresa e portuguesa. Moitas persoas, deste xeito, darán pedaladas nunha bicicleta eléctrica por primeira vez. 

O proxecto é pioneiro na fronteira ibérica. Trátase dunha iniciativa financiada polo Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial Río Miño, que representa diversas administracións públicas de ambos os dous lados da fronteira. 

No paseo inaugural, que transcorreu entre Valença e Tui e atravesou a emblemática ponte de ferro, participaron diversos clubs ciclistas do norte de Portugal. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade