Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Academia Galega pide colaboración cidadá para buscar a palabra do ano 2022

A Academia Galega pide colaboración cidadá para buscar a palabra do ano 2022

Poden enviarse as suxestións ao Portal das Palabras ata o 11 de decembro

'Tanxugueiras' venceu na última edición fronte a 'vacinódromo' e 'resiliencia'

G24.gal 22/11/2022 15:00

Condense nunha palabra o ano 2022: "Paciencia"; "manifestación"; "bo"; "carallada"; "crise, veñen tempos complicados", propoñen varios cidadáns pola rúa.

'Tanxugueiras', 'nós', 'sentidiño', 'deseucaliptización' son as gañadoras das últimas edicións. Porque a lingua é o espello do que somos e queremos ser, do que ocupa e preocupa a cidadanía.

"Vemos a capacidade de expresión que nun momento dado pode ter unha palabra, o que eu chamo sempre que é palabra crónica. Por exemplo, o ano pasado había moitos termos relacionados coa pandemia e a enfermidade, eu creo que 'tanxugueiras' gañou para romper ese círculo deprimido ou pesimista", explica Víctor Fernández Freixanes, presidente da Real Academia Galega.

Poden facer as súas achegas ata o 11 de decembro no Portal das Palabras, despois farase votación entre as máis destacadas. Unha decisión colectiva en que o pobo ten a última e mellor palabra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar