Publicador de contidos

Publicador de contidos

A pronuncia errónea de Tanxugueiras polo mundo faise viral nas redes

A pronuncia errónea de Tanxugueiras polo mundo faise viral nas redes

Un vídeo que recolle os erros dos usuarios que non logran dicilo ben arrasa en Twiter

G24.gal 01/01/2022 12:35

O tuiteiro "Galizard Queen" compila nun vídeo nesta rede social varias persoas que son incapaces de pronunciar ben tras varios intentos a palabra Tanxugueiras

Na peza observamos varias persoas de distintas zonas de España e doutros países que comentan o tema "Terra" co que a banda galega integrada por tres mulleres quere representar a España no festival de Eurovisión.

Os usuarios non son capaces de pronunciar de xeito correcto o nome do grupo, Tanxugueiras, algúns con maior ou menor fortuna que outros.

O vídeo xa foi compartido por máis de 350 contas de Twitter en menos dun día, entre elas a de Tanxugueiras, compoñentes que o cualifican de "fantasía".

Publicidade
Publicidade
Publicidade