Publicador de contidos

Publicador de contidos

A prisión un home ao que se lle interviñeron 613 doses de droga en Boiro

A prisión un home ao que se lle interviñeron 613 doses de droga en Boiro

Impútaselles a ambos un delito contra a saúde pública por tráfico de drogas

Garda Civil/Ministerio do Interior Garda Civil/Ministerio do Interior
G24.gal 27/05/2025 12:10

O Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Ribeira  decretou o ingreso en prisión sen fianza para un home e liberdade con cargos para unha muller a quen a Garda Civil interveu 613 dose de diversas substancias estupefacientes en Boiro (A Coruña).

As detencións tiveron lugar no marco da operación Regueiro, mediante a que se desmantelou “unha importante rede de tráfico retallista de drogas en Boiro” coa detención dun home, veciño da localidade, e unha muller residente en León.

Impútaselles a ambos un delito contra a saúde pública por tráfico de drogas.

As investigacións, que se iniciaron en febreiro de 2025, permitiron aos axentes detectar como estas dúas persoas contactaban con toxicómanos na localidade para a venda de drogas.

Para iso e coa intención de dificultar a vixilancia policial, os detidos utilizaban un pazo abandonado como punto de encontro cos compradores que, segundo detalla a Garda Civil, eran procedentes de diversas localidades veciñas.

No momento da detención, os implicados portaban doses de cocaína e heroína listas para a súa venda.

Posteriormente, os rexistros practicados nas súas vivendas permitiron a incautación de: 196 doses de cocaína (41,97 gramos), 360 doses de heroína (39,23 gramos), 84 doses de haxix (28,09 gramos)

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade