Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido en Pontevedra un home que vendía drogas e fuxiu da Policía tirando cocaína

Detido en Pontevedra un home que vendía drogas e fuxiu da Policía tirando cocaína

O detido lanzou máis de 100 gramos de cocaína durante a fuxida e tiña 73.000 euros en efectivo na casa

A operación continúa aberta e a Policía non descarta novas detencións
 

Compaxinaba un traballo legal coa venda polo miúdo de cocaína e haxix
G24.gal 26/05/2025 16:41

Un veciño de Pontevedra acusado de vender drogas polo miúdo na cidade foi detido tras unha persecución durante a que lanzou unha bolsa con máis de 100 gramos de cocaína pola ventá dun coche e despois de que no seu domicilio se lle interceptasen 73.000 euros en efectivo.

Segundo informou a Policía Nacional, no marco da operación Castillo, produciuse a detención deste home asentado en Pontevedra, que compaxinaba un traballo legal coa venda polo miúdo de cocaína e haxix, cunha grande actividade que lle reportaba importantes ingresos mensuais.

Durante o arresto, a Policía informou de que levou a cabo unha persecución pola PO-308 de Pontevedra a Sanxenxo, na que o detido puxo en "grave perigo" os demais usuarios da vía, que se viron obrigados a esquivalo para evitar unha colisión frontal.

Unha vez posto a disposición da Autoridade Xudicial, esta decretou o seu ingreso en prisión. A operación continúa aberta e non se descartan novas detencións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade