A nova ordenanza de praias da Coruña prohibirá o uso de altofalantes nos areais
A ordenanza impide acceder con cans de xuño a setembro, usar altofalantes se molestan e actividades deportivas a menos de dez metros doutras persoas
Ábrese tamén a posibilidade de declarar espazos libres de fume

A Xunta de Goberno local da Coruña deu luz verde ao proxecto da ordenanza de uso de praias da cidade, na que prohibe o uso de altofalantes.
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, detallou en rolda de prensa que o obxectivo desta norma é "facer compatible" o uso e goce das praias coa seguridade das persoas usuarias, ademais do mantemento sostible e protección natural dos areais.
A ordenanza inclúe a prohibición dos altofalantes e estipula que os cans non poden pasar ás praias entre o 1 de xuño e o 30 de setembro, salvo na cala canina de Bens.
Na tempada de baño está previsto que se permitan as actividades deportivas, a condición de que leven a cabo a un mínimo de 10 metros das persoas usuarias.
A norma terá que pasar por pleno para a súa aprobación. Ademais, con esta ordenanza ábrese a posibilidade de declarar zonas sen fume.