Malestar no PSOE da Coruña tras o cesamento da subdelegada do Goberno María Rivas
A alcaldesa da cidade herculina fala de erro e lamenta que a primeira candidata a un cesamento sempre sexa unha muller
Os edís críticos de Santiago ven unha operación a tres bandas para colocar no Parlamento o secretario xeral na cidade Aitor Bouza
A dirección defende os cambios por estratexias de partido
A operación foise cociñando a fogo lento e rematou de facerse en setembro. A comezos de mes, o delegado do Goberno en Galicia cesou a subdelegada na Coruña María Rivas. E o seu lugar vaino ocupar Julio Abalde, que é un dos 9 deputados do PSOE no Parlamento.
Aí comezan as suspicacias e o malestar no partido. A alcaldesa da Coruña non morde a lingua e crítica publicamente o erro. E lamenta que sempre que hai que substituír a alguén, a primeira candidata sempre sexa unha muller.
Inés Rey incorporará a Rivas ao seu equipo. Pero as críticas non se deteñen na Coruña.
En Santiago, os edís expulsados do PSOE pola actual dirección ven un movemento de Besteiro para colocar no Parlamento o home forte na cidade, Aitor Bouza. Un movemento a tres bandas que a dirección socialista defende desde a normalidade das estratexias de partido.
O paso de Julio Abalde pola subdelegación prevese curto, porque o ano que vén cumpre 70 anos, a idade de xubilación obrigatoria.