Publicador de contidos

Publicador de contidos

A prisión un depredador sexual ourensán por agredir nove nenas na cidade

A prisión un depredador sexual ourensán por agredir nove nenas na cidade

O mozo de 21 anos, que residía no barrio do Couto, facíase pasar por líder dunha mafia

Enganaba as vítimas con supostas prácticas de bruxería para namoralas

Investigan un traballador do colexio Compañía de María de Santiago por agresión sexual

G24.gal 17/12/2022 13:25 Última actualización 17/12/2022 20:02

Un mozo de Ourense de 21 anos entrou en prisión por agredir sexualmente polo menos nove nenas.
Axentes da Policía Nacional prendérono o xoves despois de que unha cativa de 13 anos o denunciara. Coñecido como Manu e residente no barrio do Couto coa súa nai, facíase pasar por xamán e por membro dunha mafia.

Así supostamente coaccionou varias menores de idade para ter relacións sexuais con elas. Tamén facía favores a nenos aos que lles cobraba en diñeiro. A Policía continúa coa investigación para descubrir se hai máis vítimas deste depredador sexual.

A investigación policial desenvolvida contra o reloxo pola gravidade do caso denunciado o martes, podería dar con máis vítimas do agresor sexual.

O imputado tiña unha pistola de xoguete coa que ameazaba de morte e sometía as menores a cambio de protección mafiosa. Ían canda el a unha vivenda abandonada detrás do campo de fútbol do Couto onde as agredía sexualmente.

O xuíz ordenou prisión comunicada e sen fianza, tras a petición da Fiscalía. Entre os argumentos figura o risco de fuga pola falta de ocupación laboral, a reiteración delituosa e a gravidade das imputacións que levarían condenas de máis de 10 anos de cárcere.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade