Publicador de contidos

Publicador de contidos

Apartado un traballador do colexio Compañía de María de Santiago por unha denuncia por agresión sexual

Apartado un traballador do colexio Compañía de María de Santiago por unha denuncia por agresión sexual

O caso xa está en mans da xustiza e que a persoa presuntamente implicada xa foi apartada das súas funcións

G24.gal 16/12/2022 20:16

O colexio Compañía de María de Santiago apartou un traballador do centro despois dunha denuncia por unha presunta agresión sexual a un menor deste centro concertado.

Segundo confirmou a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, a dirección do centro púxose en contacto con Inspección Educativa nas últimas horas para informar deste caso.

Así mesmo, afirmou que o caso xa está en mans da xustiza e que a persoa presuntamente implicada xa foi apartada das súas funcións.

Leste mesmo venres os responsables do colexio mantiveron unha reunión cos pais e nais dos alumnos de primaria e infantil para explicarlles a situación e trasladarlles que apartaran un traballador do centro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade