Publicador de contidos

Publicador de contidos

A prisión o clan familiar de Chantada que usaba menores para vender cocaína

A prisión o clan familiar de Chantada que usaba menores para vender cocaína

A líder da banda presuntamente utilizaba as súas propias fillas para realizar as transaccións

Félix Aragunde 04/02/2022 13:41

O xuíz decretou prisión provisional sen fianza para os tres membros dunha mesma familia de Chantada detidos pola Garda Civil por tráfico de drogas. Trátase dunha muller, que era a suposta líder do clan, da súa nai e mais do seu irmán.

Ademais, a xefa da banda presuntamente usaba as súas fillas menores para realizar as vendas e non levantar sospeitas. Pero de nada lle serviu, posto que foi sorprendida nun control cando regresaba de comprar cocaína.

Desta substancia, comisáronlle 30 gramos no seu domicilio, moi próximo aos xulgados chantadinos, ademais de miles de euros en efectivo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade