A princesa de Asturias ten "moitas ganas" de comezar a formación militar
Foi na entrega dos Premios Princesa de Xirona, que recoñecen o talento dos mozos
O rei Filipe VI pediu dar "estabilidade e garantía de futuro" á xuventude
A princesa Leonor entregou hoxe por vez primeira en Xirona os premios da Fundación da que é presidenta de honor. A princesa estivo acompañada polos seus pais os reis e a súa irmá a infanta.
Desde 2018 os premios non se entregaban en Xirona polo veto do concello da capital, que está gobernado por independentistas.
Os Premios Princesa de Xirona recoñecen o talento e a excelencia dos mozos en cinco categorías. Entre os galardoados deste ano, hai unha violinista e un biomédico.
A princesa de Asturias, que empregou o catalán, o español e o inglés no seu discurso, referiuse á formación militar que está a piques de empezar. Asegurou que ten "moitas ganas" de emprender esa nova etapa tras rematar o bacharelato.
O rei Filipe VI pediu dar "estabilidade e garantía de futuro" á mocidade e que todos os sectores da sociedade "sen excepción" sexan conscientes de que é un obxectivo común que require "unha vontade compartida que una esforzos".