Publicador de contidos

Publicador de contidos

A princesa Leonor fai 20 anos cun crecente papel institucional

A princesa Leonor fai 20 anos cun crecente papel institucional

Unha data que chega nun momento clave na formación da que está chamada a ser a primeira raíña de España nacida en democracia

A súa evolución como herdeira é cada vez máis visible

Este 2025 Galicia recoñeceu este camiño concedéndolle a Medalla de Galicia.

G24.gal 31/10/2025 13:29

Vinte anos atrás, de madrugada, en Madrid, nacía Leonor de Borbón e Ortiz. "É o máis bonito que lle pode ocorrer a alguén na vida". Iso era era o que comentaba un emocionado pai dunha nena que, sen saber aínda falar, xa tiña un destino escrito.

Pouco a pouco comezou a dar os seus primeiros pasos e a exercer como herdeira, a máis nova de Europa. E hoxe fai dúas décadas, en que pasou de ser unha figura simbólica a converterse nunha voz propia. 

"Débome dende hoxe a todos os españois aos que servirei con respecto e lealdade", manifestaba a princesa ao facer os 18 anos. Xurou a Constitución, vestiu uniforme militar, entregou premios... e tamén falou en nome da Coroa. 

Este ano Galicia recoñeceu ese camiño entregándolle a súa máxima distinción: a Medalla de Ouro, da que ela mesma destacou: "Unha distinción que se outorga aos bos e xenerosos. Non hai mellor forma de describir as xentes desta terra".

A futura raíña entra na idade adulta cunha mochila chea de historia, pero tamén de futuro.  Porque hoxe a princesa Leonor non só fai anos; cumpre co papel que o tempo lle foi confiando.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade