Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ferrol saúda a chegada da primavera na romaría de Chamorro

Ferrol saúda a chegada da primavera na romaría de Chamorro

Centos de fieis cumpren coa tradición e soben a pé ata o santuario para facer a súa ofrenda ante a Virxe do Nordés

Nesta cita non faltan os postos de rosquillas e de candeas para realizar as ofrendas

G24.gal 01/04/2024 14:24

Desde primeira hora da mañá centos de fieis percorren a pé o costo e escarpado camiño que leva á ermida de Chamorro. "Vin pola costa, camiñando sempre", conta un devoto; e outra engade "Sempre veño camiñando".

Hoxe o día non acompañaba, pero pode máis a fe que a chuvia. "É un bo remate da Semana Santa"; conta unha rapaza, outra señora di que "temos a costume de vir todos os anos".

Tamén hai quen colle o bus que pon o concello para acceder ao santuario. "Veño no bus porque teño mal unha perna", conta un home.

Todos veñen coa súa ofrenda na man e algúns tras vivir grandes historias de superación. "Non podía andar nin falar e antes de ir o médico vin aquí e a semana andaba", asegura esta muller.

O momento máis emotivo é cando sacan en procesión arredor do santuario a Virxe do Nordés. "Eu téñolle moita fe á Virxe", explica outra devota.

Unha virxe que nos últimos tempos se fixo tamén famosa polas desacertadas restauracións que sufriu o seu rostro. "Cambiárona nunha restauración", comenta unha rapaza.

A chuvia non empanou a romaría, pero si a comida campestre posterior. "E unha pena q non estivera bo tempo para comer no campo", asegura un rapaz.

Unha cita en que tampouco faltou a música e os postos de rosquillas e candeas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar