A Primeira RFEF de fútbol volve este domingo á TVG
Esta fin de semana arranca de novo o fútbol desta categoría na G2 co derbi entre o Celta B e o Deportivo da Coruña no estadio de Balaídos
O fútbol de Primeira RFEF volve á Televisión de Galicia. Os medios públicos chegaron a un acordo coa plataforma dona dos dereitos de televisión desta categoría para ofrecer os encontros da casa dos equipos galegos de aquí ao final da temporada.
Esta fin de semana arranca de novo o fútbol desta categoría na G2 co derbi entre o Celta B e o Deportivo da Coruña no estadio de Balaídos de Vigo. E a semana que vén xa se poderán ver os partidos dos tres equipos galegos na casa.
A TVG chegou agora a un acordo con Futchs Sports Internacional para a emisión destes encontros logo de non poder acceder aos mesmos ao principio de temporada. A TVG suma a Primeira REF á súa oferta, que inclúe a 2ª Segunda REF, onde militan o Pontevedra, Compostela, Coruxo, Bergantiños, Arousa e Arenteiro, e os partidos da Ligue One francesa e da Primeira Liga portuguesa.