Publicador de contidos

Publicador de contidos

A primeira granxa de insectos de Galicia está en Ponteareas

A primeira granxa de insectos de Galicia está en Ponteareas

De momento só venden para consumo animal

G24.gal 29/01/2022 14:27

A primeira granxa de insectos de Galicia está en Ponteareas e cría vermes da fariña. Das súas dimensións só hai outras cinco en toda España. O que se produce está de momento destinado ao consumo animal como complemento alimentario.

O custo do quilo que se vende vivo está entre nove e vinte euros. Esta granxa non contamina, o residuo serve de fertilizante e é un exemplo máis de economía circular.

Os vermes da fariña son un excelente complemento alimenticio para as galiñas, porcos e réptiles. Tamén valen para consumo humano.

Á prancha saben como froitos secos, no continente asiático son habituais. Investígase o seu uso nas piscifactorías tamén, xa que teñen un gran valor proteico e graxo.

Non precisan auga, só un elevado grao de humidade e vailles moi ben a calor, aquí están a vinte e oito graos.

A empresa é dun grupo de amigos e contou co apoio da aceleradora do sector alimentario de Galicia, xa teñen os seus primeiros clientes e a súa difusión nos medios está xerando moito interese.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade