Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Primeira Federación verase na Televisión de Galicia

A Primeira Federación verase na Televisión de Galicia

A CRTVG chegou a un acordo coa posuidora dos dereitos para emitir partidos 

Este domingo retransmitirase o Deportivo-Celta Fortuna desde Riazor

G24.gal 05/10/2023 12:29

Haberá fútbol de Primeira Federación na Televisión de Galicia. A CRTVG e a posuidora dos dereitos, ATM, chegaron a un acordo para a cesión de partidos que serán emitidos por G2 e G24.gal/deportes.

O primeiro partido xa é un prato forte, o derbi de Riazor que van xogar o Deportivo e o Celta Fortuna, este domingo a partir das 19:00 horas. 

Ao igual que os dous últimos anos, estaremos moi pendentes dos nosos equipos da terceira categoría do fútbol español. A temporada pasada o Rácing acadou o ascenso, o Deportivo quedou ás portas e o Celta Fortuna quedou eliminado na fase de ascenso. 

Para este ano o Deportivo sae co obxectivo claro de volver ao fútbol profesional, o Lugo fixo un proxecto ambicioso, o Celta Fortuna con grandes talentos que agroman no fútbol galego e o Arenteiro é a ilusión personificada de estrearse na categoría máis alta á que chegou na súa historia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade