Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Policía Nacional de Ferrol desmonta unha operación de venda de drogas en Ourense

A Policía Nacional de Ferrol desmonta unha operación de venda de drogas en Ourense

O operativo acabou con catro detidos

G24.gal 02/02/2022 14:40

Catro detidos nunha operación en Ferrol contra o tráfico de drogas cuxo destino era Ourense. O primeiro dos arrestados é un ourensá que se trasladou ata Ferrol para mercar substancias estupefacientes nun coñecido asentamento. os axentes sorprendérono tras adquirir unha gran cantidade de opiáceos para, supostamente, traficiar con eles en varios pisos do seu lugar de residencia.

Segundo o informe policial, no momento da súa detención, o home levaba enriba máis de cen gramos de heroína cuxa venda podería supoñer un beneficio superior aos seis mil euros porque a súa intención era, presuntamente, preparar 1.200 doses. A prehensión deste individuo non foi a única no marco deste operativo.

Desde a Policía Nacional explican que grazas a esta detención puideron identificar outros tres implicados na venda de estupefacientes, todos eles, moradores do asentamento e foron tamén apresados.

Deste xeito, a Policía Nacional logrou desmontar aquí, en Ferrol, unha operación de venda de drogas en Ourense.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade