A policía busca o 'Spiderman' de Vigo, que asaltou oficinas gabeando por fachadas
A policía busca o 'Spiderman' de Vigo, que asaltou oficinas gabeando por fachadas
Varias testemuñas viron o ladrón saltando de balcón en balcón e gabeando polas fachadas dos edificios
A Policía Nacional busca o presunto autor de varios roubos rexistrados nas últimas horas en oficinas, en pleno centro de Vigo. Varias testemuñas viron o ladrón saltando de balcón en balcón e gabeando polas fachadas dos edificios.
O despacho de Cristina de Andrés está no número 10 da rúa Urzáiz. Onte demorou e cando chegaba preto das 11 da mañá desde a rúa xa percibiu que algo non ía ben.
Tras denunciar os feitos soubo que a policía buscaba de madrugada un delincuente que viran gabeando pola fachada dunha oficina noutra rúa e fuxiu. Supoñen que foi o mesmo que se refuxiou no seu despacho mentres o buscaban.
Para a súa sorpresa, o despacho, que é un auténtico templo cheo de valiosos recordos de 23 anos de profesión, estaba intacto. E por iso, a pesar do susto e de que lle levou cousas de valor, Cristina estalle agradecida. Tampouco sente rancor e mesmo se ofrece a axudalo.