Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Policía Local de Lugo investiga unha plantación de estramonio

A Policía Local de Lugo investiga unha plantación de estramonio

As plantas encontrábanse nuns testos ornamentais a rentes da beirarrúa

Félix Aragunde 28/10/2022 13:59

Ata nove plantas de estramonio foron detectadas na luguesa rúa Chantada. Os exemplares encontrábanse en cadanseu testo ornamental no exterior dun edificio, a rentes da beirarrúa.

Tras recibir aviso da súa existencia, a Policía Local ordenou a retirada dos vexetais, posto que conteñen un alcaloide altamente tóxico que mesmo pode resultar letal.

Xa que resulta difícil que as plantas nazan nuns testos de xeito espontáneo, os axentes consideran que alguén plantou o estramonio de forma premeditada. Investigan, polo tanto, quen puido cultivar unha especie da que se obtén unha droga coñecida como burundanga.

Debido ao carácter tóxico do estramonio, a súa comercialización está prohibida.

 

As plantas conteñen un alcaloide altamente tóxico, coñecido como burundanga As plantas conteñen un alcaloide altamente tóxico, coñecido como burundanga
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade