Cargando resultados...
A policía investiga un tiroteo sen feridos no concello de Narón
Un dos disparos impactou contra un portal
G24.gal
02/01/2022 20:22
A Policía Nacional investiga un tiroteo rexistrado onte a medianoite no concello de Narón. Segundo as testemuñas, unha persoa disparou na rúa sen que se rexistrasen persoas feridas.
Os feitos ocorreron na estrada de Castela, na zona de Xubia. Un dos disparos impactou contra un portal, onde quedaron as marcas e os axentes atoparon ademais varios cascos de bala na rúa.
As persoas implicadas fuxiron antes de que chegasen as forzas de seguridade, que despregaron varias patrullas na zona.