Publicador de contidos

Publicador de contidos

A policía investiga o presunto homicidio dunha anciá na Coruña

A policía investiga o presunto homicidio dunha anciá na Coruña

O corpo da muller, que apareceu na súa vivenda do barrio coruñés de Monte Alto, presenta sinais de violencia

Vehículo da Policía Nacional Vehículo da Policía Nacional
G24.gal 05/05/2023 21:14 Última actualización 06/05/2023 10:00

A Policía Nacional investiga o suposto homicidio dunha muller de idade avanzada na Coruña, segundo informou a última hora do serán deste venres.

Unha chamada aos servizos de emerxencias pasadas as seis da tarde deste venres alertou do achado do cadáver nun domicilio no barrio coruñés de Monte Alto.

Ao chegaren, ao momento, os axentes atoparon o corpo con signos de violencia, polo que a súa hipótese principal é que se trata dun homicidio. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade