Publicador de contidos

Publicador de contidos

A policía de Lugo interviu nunha lea en que un dos implicados ía armado cunha coitela

A policía de Lugo interviu nunha lea en que un dos implicados ía armado cunha coitela

O incidente mobilizou varias patrullas da policía, que lograron calmar o mozo armado e trasladalo á comisaría 

G24.gal 22/01/2026 13:18

Dous mozos discutían na rúa, a discusión foi subindo de ton, e un deles, que estaba moi alterado, sacou unha coitela. Forcexan e nun momento mesmo chegan a caer ao chan. Ao ver a escena os veciños chaman a policía, foi a media maña na confluencia Irmáns Carro e Serra de Ancares de Lugo. 

"Eu vin sete coches da policía, había policía local e nacional. Uns estaban pedíndolle os datos a un dos mozos e os outros, ao outro", conta un veciño.

Nun descoido da discusión, o mozo que non ía armado logra liberarse do seu contrincante e agóchase nun establecemento. A policía consegue calmar o mozo armado e trasladalo á comisaría. Afortunadamente, non quedou ningún ferido.

"Son episodios que aos veciños non nos gustan", di un home.

Os veciños din que o barrio é tranquilo, pero que ultimamente hai máis pelexas, e piden máis presenza policial.

"En xeral é un barrio tranquilo, si se ten dado algún altercando de noite nalgún local", comenta un veciño.

O mozo xa foi identificado e abriuse unha investigación

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade